Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Medran os orzamentos de Santa Comba un 4,5 % e a rexedora anuncia a relación de postos de traballo

Xallas. Santa Comba aprobou o seu orzamento 2022 por 9,2 millóns, un 4,5 % máis que en 2021, cos votos a favor dos membros do equipo de goberno formado polo PP e os non adscritos José Antonio Ucha e Cristina Fajín. A alcaldesa, a popular María Pose, manifestou no pleno que o grupo de goberno tenta nestas contas equilibrar os ingresos cos gastos, e o exrexedor Barbeira decidiu abandonar a sesión despois de manifestarse ofendido por Ucha.

Chama a atención a partida destinada a obras, pero ten unha explicación: os traballos aprobados do Plan de Obras e Servizos da Deputación da Coruña dos anos 2020, 2021 e o actual exercicio, para os que é precisa unha aportación municipal. Prevese logo un ano de obras en case todas as parroquias de Santa Comba a consecuencia da “desidia” do anterior goberno municipal, que nin sequera chegou a licitar as mencionadas actuacións pese a estar aprobadas, indicaba a rexedora. Son tres os plans pendentes, que afectan sobre todo ao que atinxe a infraestruturas.

O goberno de Santa Comba amosa tamén nestas contas unha especial sensibilidade polas familias que precisan de axuda, xa que boa parte dos orzamentos destínanse ó gasto social para manter, e incluso “mellorar”, os servizos de comedor sobre rodas que beneficia a doce veciños; o de axuda no fogar con noventa usuarios, e o de atención temperá, que sufrirá unha ampliación de horario para incorporar novos casos. Santa Comba acometerá tamén unha renovación do seu alumeado público (un millón de euros en leds, 200.000 € do Concello e o resto da UE).

E respecto da partida de Persoal, a máis importante, medra pola suba dun 2 % nos salarios estipulada por Lei, sen aumentar o persoal. A rexedora María Pose anunciou que xa ten contratado un estudio para aprobar a Relación de Postos de Traballo (RPT) coa que se culmine o proceso. CG

29 abr 2022 / 18:59
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.