Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Melide impulsará no Nadal as compras nos pequenos locais

O Concello e Asetem poñen en marcha unha tarxeta por valor de 30 euros que permitirá mercar agasallos de ata 50 nas tendas da vila

Son momentos duros tanto para a hostalaría como para os pequenos comercios e agora que se aproxima o Nadal, a mellor época para os negocios, os concellos esfórzanse en deseñar estratexias que poidan axudar a suavizar as perdas dos últimos meses. En certo modo, as esperanzas están postas en decembro.

Así o Concello de Melide, en colaboración con Asetem (a asociación de comerciantes da vila), lanza a chamada tarxeta Merca en Melide. Terá un valor de 50 euros que repercutirán directamente nos negocios locais, xa que só pode ser utilizada para facer compras de proximidade nos establecementos participantes na Campaña de Nadal, nun único local comercial ou de hostalaría. O custo para a adquisición destas tarxetas será de 30 euros, e asume o goberno local unha cantidade de 20 euros por cada bono.

Xosé Igrexas, concelleiro de Promoción Económica do Concello de Melide, explica que “esta proposta terá unha repercusión de preto de 40.000 euros no comercio e hostalaría do noso concello, co que pretendemos poñer o noso grao de area para axudar a sobrelevar estes meses de perdas e incertidume para os establecementos da vila. Incentivamos con ela o consumo nos negocios locais, facendo partícipes tamén a toda a veciñanza do papel necesario de revitalización da actividade económica de proximidade”, sinala.

Os interesados en adquirir as tarxetas deben acudir ata as instalacións de Asetem (rúa Lino Sexto Sánchez nº1). Terán de prazo para gastalas dende o 4 de decembro e ata o 5 de xaneiro. Tamén deberán acudir á sede da asociación os locais que queiran participar para cubrir a solicitude antes do día 20.

07 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.