Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mellora viaria en Barouta e creación dun novo consello para os rapaces

No pleno a celebrar este xoves vai tomar posesión o concelleiro do PP Pablo Beiroa

A Maía. Ames abordará este xoves en pleno ordinario a aprobación, ás 20.00 horas, do regulamento do Consello Sectorial de Nenos e Nenas e a ratificación do decreto da Alcaldía 3260/2021 do 15.10.2021, da 2ª fase do POS + adicional 2/2021, mediante o proxecto das Obras Camiño en Barouta e outros por 22.718 euros. Ademais, no pleno tomará posesión da súa acta de concelleiro Pablo Beiroa Pampín que substitúe a Ramón Argibay.

O pleno, que será retransmitido en directo por streaming, buscará a unanimidade para darlle luz verde a ese Consello sectorial infantil, un órgano de participación que permitirá dar voz e coñecer de primeira man as inquedanzas dos menores amesáns. A súa función primordial será a de incorporar as vivencias da poboación infantil e favorecer a intervención de nenas e nenos nos debates, propostas, suxestións e queixas respecto a calquera actuación municipal. Tamén implica a proposta que os menores sexan informados e opinen sobre todas as actuacións doutras administracións públicas que actúen.

A proposta de regulamento que o grupo de goberno leva ao pleno ditamina asemade que serán nove os vogais de representación infantil, elixidos entre o alumnado dos centros escolares de Ames de entre 1º a 6º de Primaria. Tamén formarán parte, un representante de cada grupo político con representación municipal. En ámbolos dous casos, cada participante terá un suplente, e presidirá o alcalde ou edil delegado. M.M.

28 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.