Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mellorados o parque infantil de Bastavales e a súa contorna

A Maía. O Concello de Brión rematou os traballos de mellora no parque infantil de Bastavales e na súa contorna. Unha actuación acometida a través da brigada municipal de obras e que incluíu a poda das árbores que rodeaban a área infantil, así como a limpeza da pedra tanto dos muros como das escaleiras de acceso á área de recreo e os bancos que rodean o espazo.

Trátase dun parque infantil no que se renovou a area que lle serve de base, de forma que a súa capacidade de amortecer calquera caída é homologable ao dun chan de caucho. “Así mesmo, reparáronse os distintos xogos existentes e temos previsto instalar algún outro a maiores”, adianta o alcalde de Brión, Pablo Lago, quen destaca que esta actuación é froito “dun informe técnico que encargamos sobre o estado actual de todos os parques do municipio e no que se recollen distintas propostas de mellora”, explicaba.

No caso desta área infantil e deportiva de Bastavales, a próxima actuación terá que ver coa posta en valor da pista polideportiva. Así, nesta primeira actuación xa se deixou preparada a zona para poder proceder ao seu peche perimetral, e na seguinte mellorasase o firme da propia pista e dos elementos. M.M.

20 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.