Santiago
+15° C
Actualizado
miércoles, 03 marzo 2021
12:58
h

Melloran a estrada que une Tarrío e Raíces e viais de Biduído de Abaixo

As actuacións roldan os 200.000 €, e nas vindeiras semanas vaise adecuar Raíces

Ames. Veñen de rematar a mellora da estrada amesán que une Tarrío, na parroquia de Bugallido, con Raíces, na de Biduído, trala execución de Construcciones J. Mauri e Hijos SL por 64.744 euros. E Construcciones Cernadas SL tamén concluíu, por 49.343 euros, a reforma do viario interior de Biduído de Abaixo, rematando cos asulagamentos. Ademais, nas vindeiras semanas Oviga comezará a arranxar 4 vías interiores do núcleo de Raíces (74.420 €).

Respecto da primeira actuación, consistiu na pavimentación dunha estrada que sirve de vía de comunicación entre as dúas parroquias, incluíndo varios tramos de senda na entrada por Raíces que facilita a accesibilidade e seguridade peonil. Así, actuouse nun camiño cunha lonxitude total de 835 metros e dividido en cinco treitos de 400x4,00; 110x9,00; 90x5,00; 50x4,00 e 185x4,00 metros, mellorándose así a capa de rodaxe con seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previa reparación de fochancas e perfilado de mordentes con grava e tratamento asfáltico semiprofundo.

Tamén se pavimentou un sobreancho de 30x20 metros, con dez centímetros de grava, tratamento asfáltico semiprofundo e seis centímetros de aglomerado en quente a toda a plataforma, previo acondicionamento, nivelación e rasanteo da explanación. Completouse a obra coa execución de 286 metros (190 e 96 metros) de cuneta de seguridade con formigón. m. o.

08 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.