Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Melloran a seguridade no instituto teense

Teo. A concellería de Educación de Teo programou unha obra que vai mellorar a seguridade peonil na contorna do IES de Cacheiras, unha actuación comprometida coa ANPA dende o pasado verán e cuxos traballos se están realizando durante as vacacións de Nadal para interferir o menos posible. Así, vaise facer, por 40.000 euros, unha plataforma única e elevada que comeza no aparcadoiro municipal ata a entrada do centro escolar. Esta nova senda permite que o alumnado vaia todo o tempo separado fisicamente do tráfico rodado dende o lugar no que chegan en bus ou vehículo particular ata o recinto escolar. E o carreiro tamén enlaza cun paso de peóns elevado coa beiravía que se fixo dende o cruce de Constenla ata o aparcadoiro. Desde xeito tamén se prioriza o acceso a pé de parte da comunidade escolar. Ademais, aproveitando estas datas estase a mellorar a unitaria da Casalonga, completando obras no sobrado coa colocación de calefacción, tarima e pintura. O. D. Vilar

04 ene 2023 / 22:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.