Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mellorarán a accesibilidade da Horta de Abaixo

A Maía. Blas García, alcalde de Ames e edil de Obras, visitou cos concelleiros de Urbanismo e Rural, Víctor Fernández e Santiago Márquez, o proxecto de reurbanización en marcha na Horta de Abaixo de Bertamiráns. Está incluído no plan POS 2021 da Deputación da Coruña, e servirá, por 270.000 euros, para mellorar o estado e a accesibilidade do espazo público.

O obxectivo desta actuación, que fora adxudicada no primeiro trimestre de 2022, é mellorar a accesibilidade destas rúas, facendo que poidan ser ocupadas e utilizadas por todas as persoas, independentemente da súa condición e do seu nivel de mobilidade, ademais de mellorar o estado e a funcionalidade dos espazos comúns públicos.

Neste senso, o mandatario local e os outros dous edís socialistas visitaron as obras acompañados de persoal municipal e da empresa redactora dos proxectos.

Na urbanización de Horta de Abaixo, en Bertamiráns, estase a executar un proxecto de reurbanización, adxudicado á empresa BCNOR Gestión y Soluciones Avanzadas SL por un importe de 269.897,57 euros e grazas aos fondos da Administración Provincial. Deste xeito, realízanse traballos de mellora da accesibilidade, actuando sobre os pavimentos, sendas interiores e beirarrúas. Ademais, aproveitarase para renovar o alumeado público, limpar e sanear muros e pavimentos, renovar a zona que está adicada aos xogos infantís ou tamén incorporar mobiliario público. m. Outeiro

01 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.