Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 28 noviembre 2021
09:43
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Melloraría o servizo de recollida de voluminosos”

Anxo Blanco, psicólogo

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, solteiro, que tres cousas faría en favor dos veciños e veciñas?

Primeiro, melloraría a calidade das estradas porque hai certas zonas que están cheas de fochancas. Dende o meu punto de vista precisan un arranxo urxente e duradeiro. O segundo que faría é pór en marcha un mellor servizo de recollida de materiais voluminosos como as pedras ou os escombros. E terceiro, quizais me plantexaría unha maior dispoñibilidade de autobuses, sobre todo, nas zonas rurais. Entendo que a densidade de poboación é baixa, pero si que me gustaría poder ter máis autobuses que conectaran con Santiago. Polo demais, eu creo que os servizos están bastante ben, non tería moito máis que dicir.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Sobre todo a tranquilidade, ao non ter o bullicio da cidade. E á vez tes de todo e estás moi próximo a Santiago.

E o que peor leva?

Sobre todo recalcaría o servizo de autobuses, porque non hai moi boa comunicación con Santiago. Un problema que se ve sobre todo nas fins de semana, e que dificulta o desprazamento a todos os que non dispoñen de vehículo propio. Esto é algo que se ve sobre todo nas aldeas, onde en todo o día hai tres ou catro buses de ida e volta.

10 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.