Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mercadiño de Nadal o 11 na Baña e campamento

A Baña. Volve o Mercadiño de Nadal da Baña o domingo 11 de decembro nun pavillón de San Vicenzo que dende o mediodía van encher con postos de artesanía, delicias gastronómicas e actividades de lecer, ademais de recibir a visita de Papá Noel. Haberá polbeira, filloas e unha Feira de Voluntariado Interxeracional que, por medio de diversos talleres, permitirá que as persoas maiores divulguen a cultura entre as máis novas. Incluirán música cos Campantes da Baña e Gaiteiros Pequenos. Xa pola tarde, serán o alumnado da Escola de Música da Baña e o grupo de pandeireteiras As Maianas os encargados de amenizar o mercadiño. Para a rapazada inclúen contacontos con Cris de Caldas (12.30 horas); exhibición de ximnasia rítmica da AFA do CEIP San Vicente (16.15 horas) ou os xogos tradicionais que, da man de Paporrubio, tanto éxito tiveron no Feirón da Re-Volta. Ademais, ábrese a anotación ao concilia que vai do 23 de decembro ó 5 de xaneiro (25 €). M Outeiro

30 nov 2022 / 23:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.