Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mercado Solesombra cunha ducia de comercios o domingo no Ameneiral

A Maía. A concellaría de Promoción Económica amesá divulga que a Xuntanza de Empresarios de Ames (XEA) organiza este domingo o mercado aberto Solesombra, no parque do Ameneiral, en Bertamiráns, en horario de 11.00 a 20.00 horas. Participarán 12 establecementos comerciais de Bertamiráns e do Milladoiro para dar a coñecer os servizos que ofertan.

A iniciativa inclúe, ademais, música ambiente ao longo de todo o día para amenizar o mercado, e entre os comercios presentes haberá de sectores tan variados como o téxtil, estética, decoración, informática, academias de estudos, entre outros.

O presidente da Xuntanza de Empresarios de Ames, Jorge López, explica que é a primeira vez que se organiza unha iniciativa deste tipo co obxectivo de sacar á rúa os servizos que ofrecen algúns dos establecementos comerciais das dúas urbes locais. Ademais, adianta que “a previsión meteorolóxica para o domingo é boa, polo cal animamos á veciñanza a que acuda a este mercado que se vai desenvolver nun espazo moi agradable como é o parque do Ameneiral”. A edil de Promoción Económica, Ana Belén Paz, destaca “a implicación de XEA para organizar novas actividades de promoción comercial. O obxectivo é facer un mercado aberto no que os establecementos interesados monten os seus postos para darse a coñecer e ofrecer os seus servizos” a través dunha fórmula diferente que, se ten éxito, seguramente continuará. M. Outeiro

08 jun 2022 / 21:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.