Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Método Guau podería adestrar cans para detectar covid de ter axudas

O delegado territorial Gonzalo Trenor visitou onte as instalacións da escola canina en Teo

Teo. O delegado territorial da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, visitou onte as instalacións da escola canina Método Guau no concello de Teo, dirixida polo adestrador Pedro Salas Díaz, membro da Federación Española de Cans Detectores. No encontro tamén estiverons presentes a representante da Plataforma Somos Pet Friendly, Mónica Cubeiro, e Ánxel Molla, director do Método Guau.

O representante do Goberno autonómico coñeceu de primeira man o traballo que son capaces de realizar estes animais en materia de detección e seguridade, e interesouse polos estudos experimentais que se están realizando para analizar a posibilidade de que poidan detectar o covid-19, aínda nunha fase moi inicial.

E é que segundo fontes da Xunta, a escola tería a capacidade de facer un estudo experimental para educar cans para este fin. Iso sí, sería un proceso complexo para o que precisarían a axuda da Administración e tamén dos comités científicos.

A finais de setembro coñecíase a noticia de que no aeroporto de Helsinki están a empregar cans entrenados para detectar o virus polo olfato. A través dos animais, segundo a empresa Wise Nose, podían identificar o patóxeno en dez segundos e cunha fiabilidade de case o cen por cen. E isto é o que se podería intentar implantar en Galicia.

Ángel Molla, director do Método Guau, é adestrador canino dende fai once anos e aposta na súa escola por educar aos animais sempre de forma positiva e non mediante o castigo. O seu sistema consiste en traballar cos donos do animal para ensinarlles a comunicarse con eles. Nesta escola non só axudan na educación dos cans, senón que asemade convértenos en actores. Iso sí, deben ter unhas características específicas para poder enfrontarse ás cámaras. No centro teense entrenan aos animais tamén para servizos de seguridade privada e para participar nas probas de Agility. A.P.

05 nov 2020 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.