Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Mobilidade propón reforzos na liña metropolitana de Ortoño e na municipal

A Xunta, a través da Dirección Xeral de Mobilidade, vén de propor unha solución ao Concello de Ames para o transporte entre Ortoño, Bugallido e Biduído e Santiago. Incluiría, no bus metropolitano que ven de Extramundi, asumir un incremento de frecuencias na liña que conecta as parroquias de Ortoño e Bugallido con Santiago, no marco da concesión de autobús interurbano. E respecto da nova liña municipal autorizada, remite un plan que “optimiza o número de servizos que deberá poñer o Concello para completar a oferta aos usuarios, reducindo considerablemente o custo”.

Concretamente, no autocar de Extramundi, de luns a venres incrementaríase unha frecuencia de ida sentido Santiago e dúas frecuencias de volta. Os sábados habería dous novos servizos, tanto á ida como á volta, ao igual que os días festivos. Os domingos incrementaríase un servizo de ida cara a Santiago e outro de volta cara ás parroquias de Ames.

E para a futura liña do servizo de interese municipal, entre a rúa Alcalde Lorenzo e a estación intermodal de Santiago, que debe poñer en marcha o Concello de Ames, avoga por 5 frecuencias de ida e 3 de volta todos os días da semana, con horarios que non se solapen coas frecuencias da liña interurbana de Extramundi de Arriba a Santiago. Os sábados inclúen 4 servizos de ida cara a Santiago e 4 de volta; e os domingos e festivos, 3 servizos desde a rúa Alcalde Lorenzo de Ames e 2 de volta desde a estación intermodal de Santiago. Agora, o Goberno galego convida ao Concello de Ames a valorar a alternativa proposta, “que reduce o custo económico para a administración local, á vez que se axusta mellor ás necesidades de mobilidade dos veciños do rural”, asegura.

15 feb 2022 / 13:08
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.