Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Modificarán o Plan Xeral para buscarlle uso á Telleira amesá

Unha esquina do aparcamento atópase fóra de ordenamento // Inclúe zona verde, un hórreo
e inmoble que manterán // Terá uso dotacional

O tripartito amesán vén de contratar con Arquyur SL os traballos para unha nova modificación puntual do Plan Xeral de cara a regularizar a situación actual da parcela que se sitúa no aparcamento da Telleira, entre as rúas Lodeiro e Cómaro. Alí existe unha zona verde fóra de ordenación máis un hórreo a inventariar e un inmoble en mal estado para o que tamén lle buscarán destino. A intención é manter a parcela como espazo dotacional sen descartar un uso administrativo.

Segundo Urbanismo do Concello de Ames, búscase a reordenación deste espazo de equipamentos, espazos libres e viario públicos na xa desenvolvida URO B4-11 en confluencia co ámbito APE B4-03. Tamén lembran que a citada edificación en desuso ten un mal estado de conservación, pero que actualmente non é posible ningún tipo de actuación urbanística, ben sexa de rehabilitación ou derribo. Ademais neste entorno atópase un vello hórreo que é necesario inscribir para a súa regulación.

Desde o Goberno municipal infórmase que son varias as ocasións nas que diferentes veciños e entidades teñen trasladada a súa solicitude de mellora deste espazo co obxectivo de ubicar novas instalacións para o Concello. Na actualidade esta casa está a ser empregada como almacén de diverso material da concellaría de Obras e Servizos Básicos, sendo varios os proxectos para os que se propuxo a súa mellora, e no entorno prantexouse ubicar o consistorio, con forma de letra L, e unha praza, aínda que a demanda do espazo asfaltado para aparcar é alta, sobre todo os sábados de feira.

Segundo o alcalde, “o obxectivo do Concello é poder contar neste 2021 coa modificación aprobada, para no ano 2022 poder xa ter unha alternativa para este espazo tan céntrico e darlle un uso a dito edificio”. Precisamente, o rexedor mantivo unha xuntanza, xunto coa arquitecta municipal e o representante encargado de levar a cabo a modificación urbanística para planificar as datas e documentación necesaria.

23 ene 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.