Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Mostra con monicreques, concursos e Día do Libro no abril cultural de Teo

teo. A cultura terá un papel destacado na axenda do Concello de Teo durante este mes de abril. O departamento de Cultura realiza unha aposta por eventos nos que se priorizan as medidas de seguridade sanitaria. Así, entre o 1 e o 10 de abril o Auditorio Constante Liste continuará acollendo a mostra Don Gaiferos polos camiños cara á Compostela, que se inaugurou no mes de marzo coa función de monicreques sobre este célebre peregrino. Entre os días 19 e 24 de abril o auditorio, para celebrar o Día do Libro, acollerá a exposición Os libros da nosa vida. Paralelamente realizarase unha solta de libros o venres 23 de 17.00 a 19.00 horas e o sábado 24 de 11.00 a 14.00 horas. Ademais convócase o I Concurso de marcapáxinas das Bibliotecas Municipais de Teo dirixido aos nenos e nenas e adolescentes do concello. arca

08 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito