Santiago
+15° C
Actualizado
domingo, 25 septiembre 2022
22:25
h

Mostras e obras para despedir a Escola de Teatro

A Maía. A Escola Municipal de Teatro de Ames, posta en funcionamento en 2021 pola concellaría de Cultura, chegou á conclusión do seu primeiro curso esta semana coa celebración de dúas mostras de despedida, na que varios grupos de idade de rapaces e rapazas puideron mostrar ante os seus achegados as habilidades aprendidas ao longo de todo o curso.

Con horarios similares nos dous núcleos urbanos de Ames, realizáronse dúas clausuras en Bertamiráns, o martes 21, e no Milladoiro, o mércores 22, nas súas respectivas casas da cultura. Durante a xornada, dividiuse á rapazada en tres franxas horarias pola tarde. Así, o grupo infantil de 3 a 6 anos realizou varios xogos dramatizados e o alumnado de 7 a 12 anos representou unha adaptación da obra O secuestro da bibliotecaria, e finalmente, o grupo xuvenil de maiores de 12 anos levou ao escenario do auditorio unha versión adaptada de Cuestión de ovos.

E co remate do primeiro ano desta escola municipal, as persoas que xa forman parte da Escola poden renovar a súa praza, do 16 ao 28 de xuño. Para facelo, haberá que cubrir o impreso normalizado e presentalo no Rexistro Electrónico Xeral do Concello de Ames ou na sede electrónica municipal. Tamén se poderá presentar no rexistro presencial nas oficinas de Bertamiráns e do Milladoiro con cita previa. Posteriormente, abrirase un segundo prazo, do 4 ao 15 de xullo, para novas inscricións nos grupos con prazas libres. M. Outeiro

25 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.