Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Música e Holi Party este sábado en Biduído para animar o verán a toda a mocidade

Haberá un concerto de Boyanka Kostova e a tirada de pos estará amenizada por dous coñecidos DJ’s

Ames. O campo da festa de Biduído acollerá unha nova edición do SolporSon de Ames. Será este sábado, 9 de xullo, cunha Holi Party e cun concerto de Boyanka Kostova. Unha edición que chega con importantes novidades e co obxectivo de responder ás demandas dos máis mozos de Ames. A concelleira de Mocidade, Escarlata Pampín, explica que este SolporSon 2022 é froito das demandas dos rapaces e rapazas.

“É unha edición que está pensada en base ás suxestións que nos chegan da mocidade. Dende a Holi Party que realizou a comisión de festas de Ortoño en 2019, a mocidade trasladounos que tiña ganas de máis, que querían unha nova Holi Party. Entón quixemos darlle unha volta ao SolporSon deste ano e que comezara con esa Holi Party tan demandada”.

Escarlata Pampín engade que lles daba pena “quedarnos nesa Holi Party e non poder desfrutar de música ao vivo, entón xurdiu a idea de facer un concerto de Boyanka Kostova para pechar a festa e desfrutar da música deste dúo que vai sorprender coa súas cancións cheas de retranca”.

A Holi Party desenvolverase durante tres horas, un tempo no que haberá tiradas programadas de pos de cores para que a mocidade desfrute saltando, bailando e manchándose uns aos outros. Dende a organización lanzarán 150 quilos de pos para que a xente remate chea de cor. Asemade, a festa estará amenizada con dous DJ´s de primeiro nivel: Dumore e DJ Enter. Ás 22.30 horas chega a quenda da música en directo co concerto de Boyanka Kostova. Cibrán García e Chicho son considerados os pioneiros do trap en galego e coas súas cancións encherán a parroquia de Biduído dos seus ritmos urbanos e das súas letras cheas de retranca galega. Para asistir ao festival haberá servizo de buses dende O Milladoiro e Bertamiráns. C.E.

08 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.