Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Música, teatro e xogos na II Edición do Festival Solidario ‘Fest for Dent’ en Brión

Será o sábado 4 de xuño a partir das 12 da mañá e ata a medianoite na Carballeira de Santa Minia

    O Grupo Deteriorados coa voz de Teté Delgado, Diego Castro, Charanga os Celtas, Symploké, DJ Martín Díaz, Agrupacións folclóricas de Brión e Arreixeira de Iria (Padrón), Banda de música de Brión acompañada da soprano Esperanza Mara, os espectáculos teatrais Saaabor e Circo Galaico,... ofrecen un completo programa para toda a familia o sábado 4 de xuño a partir das 12 da mañá e ata a medianoite na Carballeira de Santa Minia, en Brión. Unha segunda edición deste festival solidario en beneficio de Art for Dent, Asociación Galega da enfermidade de Dent para recaudar fondos para a investigación desta enfermidade minoritaria e que se pode realizar grazas ó apoio e colaboración do Concello de Brión. As entradas xa están á venda en distintos puntos de Brión e Bertamiráns a un prezo de 5€ que irán destinados para a investigación.

    A música, o teatro, os xogos... arrouparán o segundo “Fest for Dent” en Brión, un festival solidario cunha ampla e variada oferta que engloba contos e cancións para público infantil, música tradicional e clásica, pop, rock, country e blues, teatro e títeres... A segunda edición do Fest for Dent propón unha xornada completa de música e diversión para toda a familia con fins solidarios, xa que todo o recadado coa venda de entradas empregarase en axudar a financiar a investigación da enfermidade de Dent. Ademáis, os asistentes terán a posibilidade de pasar o día completo na Carballeira. Haberá unha xantareneta “Mesquiteira” para poder comer, a cargo do Restaurante Kratos de Brión. E ademáis, o Restaurante Casa Filiberto colaborará coa realización dun Prato solidario co cal fará unha doazón do 50% do recaudado.

    A enfermidade de Dent é unha doenza xenética que afecta gravemente ás funcións habituais dos riles, impedindo que o organismo asimile elementos básicos para a vida como proteínas, vitaminas, potasio, magnesio ou calcio. A día de hoxe, esta doenza non ten cura nin tratamento, pero os fondos van destinados ó Laboratorio NefroCHUS do Hospital Clínico de Santiago de Compostela, onde se puxo en marcha un proxecto de investigación que podería mellorar ou solucionar este problema no futuro. Co obxectivo de axudar a financiar a investigación, naceu en maio de 2021 a asociación Art for Dent, que está formada por un grupo de familias galegas e outra asturiana con nenos afectados por esta enfermidade minoritaria.

    Para conseguilo, a asociación Art for Dent, que acaba de cumprir un ano do seu nacemento, leva a cabo diferentes actividades: recollida solidaria de tapóns, venda de merchandising grazas á empresa ReiZentolo, exposicións artísticas, murais solidarios e, tamén, o Fest for Dent, que organiza en Brión man a man con Kratos Restaurante, Gate 3 e Culturactiva e coa imprescindible axuda e colaboración do Concello.

    Contan tamén coa colaboración das bandas e grupos participantes e co patrocinio de moitos establecementos comerciais de Brión e Ames. A entrada ao Fest for Dent será libre para as e os menores de idade, mentres que as persoas adultas deberán comprar unha entrada solidaria de 5 euros coa que logo se farán sorteos. Tamén hai fila 0, para quen queira colaborar aínda que non poida asistir ao festival.

    25 may 2022 / 12:41
    • Ver comentarios
    Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
    TEMAS
    Tema marcado como favorito
    Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.