Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nas Mans da Avoa, un grupo solidario de Vedra

VEDRA. A agrupación Nas Mans da Avoa do centro social de Vedra leva tempo desenvolvendo traballos de laborterapia. Reúnense todas as semanas para crear diferentes elaboracións como panos, manteis, gorros, chaquetas... E logo con elas tratan de recadar fondos para doalos a unha entidade social. Coa chegada da guerra de Ucraína, decidiron iniciar un proxecto solidario consistente en pintar macetas de barro que pouco a pouco foron customizando co lema “Vedra Solidaria”, para logo poñelas á venta. As pinturas e macetas foron doadas por empresas locais. O pasado día 8 de novembro, a agrupación Nas Mans da Avoa, realizou un donativo de 500 euros a Cruz Vermella-Santiago para proxectos relacionados coa causa ucraína. Unha axuda económica que lograron reunir grazas á venda das macetas e á solidariedade da veciñanza e empresas da zona. O Concello aproveita para agradecer o “compromiso e labor social” da agrupación. C.E.

12 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.