Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Negreira e A Baña adquiriron xuntos unha furgoneta eco

Ambas vilas contaron cunha axuda de 25.000 € do Fondo de Compensación Ambiental // É un vehículo eficiente e menos contaminante

Os Concellos de Negreira e A Baña veñen de recibir a furgoneta eco que solicitaron conxuntamente á Xunta de Galicia. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, foi a encargada de facer onte a entrega no municipio de Negreira. Esta subvención implica un total de 25.000 euros procedentes do Fondo de Compensación Ambiental, “onde destacou a importancia da colaboración entre Goberno galego e concellos para que poidan prestar servizos de calidade á cidadanía” apuntan dende a Xunta.

A directora xeral recalcou que “tal e como reflicte a solicitude feita por ambas entidades, esta adquisición mellorará a eficacia e eficiencia no que respecta aos servizos que comparten ambos concellos, como son a iluminación pública e o lixo”, explicou. Asemade lembrou que este uso compartido suporá un aforro ao poder sufragar entre ambas vilas tanto o custe de inversión como o mantemento.

Natalia Prieto resaltou que este vehículo financiado co apoio do Goberno galego “é máis eficiente e menos contaminante, o que supón unha mellora da eficiencia enerxética e a redución de emisións de gases de efecto invernadoiro”, asegurou. Dita actuación trátase dun dos obxectivos do Fondo de Compensación Ambiental, ao que a Xunta destina 11 millóns de euros na convocatoria deste ano.

No marco de dito fondo, o Goberno galego financia actuacións nos concellos dirixidas ao incremento da eficiencia no aproveitamento dos recursos enerxéticos renovables, da sustentabilidade, da biodiversidade e do uso recreativo e educativo dos recursos de Galicia.

Nos últimos anos a Xunta leva investidos, a través das diferentes liñas de axudas da Vicepresidencia, no municipio de Negreira preto de 1,5 millóns de euros e no de A Baña cerca de 767.000 €. Hai que destacar que este tipo de vehículos eco, a pesar de ser máis caros, teñen beneficios fiscais, menores custes operativos, non hai que pagar por aparcar nas rúas e posibilidade de entrar en calquera zona de baixas emisións.

04 mar 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.