Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Negreira esixe solución ó problema do transporte

NEGREIRA. O alcalde de Negreira, Manuel Ángel Leis Míguez, manterá o luns, día 4 de xullo, unha reunión na Coruña co xefe territorial da Consellería de Mobilidade da Xunta de Galicia, José Antonio Álvarez Vidal, para esixirlle “unha solución ós graves problemas e deficiencias do transporte metropolitano e escolar”. No encontro, solicitado polo alcalde, Leis Míguez demandará “as medidas que sexan necesarias para que a empresa concesionaria respecte todo o acordado no convenio, pensando sempre no benestar dos veciños e veciñas de Negreira”. Dende o 2020, os usuarios do transporte público de Negreira sufren problemas constantes debido á mala xestión da empresa concesionaria do transporte

metropolitano e escolar. Deficiencias que se agravaron neste 2022, di o rexedor, xa que o incumprimento dos horarios fíxose dun xeito discriminatorio. O Concello presentou numerosos escritos e queixas “a maior parte sen resposta, din. C.E.

02 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.