Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Negreira loce na avenida de Santiago nova iluminación

Negreira. O Concello de Negreira informa aos seus veciños e veciñas do remate das obras de instalación de quince novas luminarias na avenida de Santiago, unha das máis transitadas do municipio, para mellorar a visibilidade na zona, aumentar a eficiencia e aforrar enerxía. Os traballos, incluídos na partida do Fondo de Compensacion Ambiental, servirán por outra parte para mellorar a seguridade tanto dos vehículos como dos peóns.

A aposta pola tecnoloxía LED encádrase nos compromisos adquiridos por Negreira ao formar parte do Plan de Acción polo Clima e a Enerxía Sostible (PACES). “Á marxe desta actuación puntual na avenida de Santiago, hai que lembrar que grazas ás xestións do Concello, Negreira acadou recentemente un investimento de 2.164.000 euros para renovar con tecnoloxía LED toda a iluminación pública”, indican dende o goberno local.

O Ministerio para a Transición Ecolóxica financiará con 1,68 millóns de euros esta renovación integral do alumeado público municipal, o 80% do custo total do proxecto. A renovación das 2.764 luminarias do municipio con tecnoloxía LED vai implicar un aforro do 70% na factura de luz municipal. c.e.

05 nov 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
LED
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.