Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Negreira mantén a Feira do Románico nunha programación estival co Mago Romarís

Negreira vén de presentar unha programación estival na que destaca a Feira do Románico, os días 3, 4 e 5 de setembro, aínda que condicionada a evolución da pandemia. Igualmente, inclúese un curso de maxia do Mago Romarís na primeira quincena de agosto, máis unha xira polo rural que lle levará, sempre ás 20.30 horas, a amosar os seus mellores trucos en Pesadoira, o domingo 4 de xullo; Negreira, 9 de xullo; Aro: sábado 17 de xullo; Logrosa, 3 de agosto; Covas, 7 de agosto; Xallas, sábado 8 de agosto a Portor, o 15 dese mes.

E no que atinxe a música, dentro das Festas de San Cristovo, actuarán o 10 de xullo Andrea Pousa e Sheila Patricia no patio interior do colexio O Coto ás 23.00 horas, un marco que tamén acollerá o concerto de Sés e Adhara & Ritman o 16 dese mes ás 22.00 horas e, xa o 21 de agosto, o de Luar na Lubre máis Cantigas e Agarimos ás 22.00 horas.

30 jun 2021 / 19:16
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.