Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h
SE EU FOSE ALCALDE ...

... “Non mudaría nada en Bertamiráns; vívese moi ben”

Serafín Vidal

    Cargando reproductor ...

Residente en Bertamiráns, casado e con dous fillos, que tres cousas faría vostede en favor dos seus veciños e veciñas?

O único que faría é diminuír o tráfico; hai bastante ruído na rúa a causa dos coches, pero tampouco sucede como noutros lados nos que hai máis movemento. A pesar disto, a localidade de Bertamiráns segue a ser un lugar moi tranquilo.

Que é o mellor de vivir no concello de Ames?

Para min todo é positivo. Aquí en Bertamiráns vívese moi ben. Temos todo tipo de servizos. Se vas a Santiago é porque che apetece ver tendas máis variadas ou máis movemento, pero non fai falla porque aquí non tes ningún problema para adquirir o que necesites. Ademais, temos un paseo fluvial que é perfecto para pasar as tardes e para que xoguen os nenos. Respecto ao transporte público, é certo que as fins de semana hai menos autobuses, pero hoxe a maioría da xente ten coche particular, e polo tanto, non se despraza no autobús. Non creo que supoña un verdadeiro problema. En resumo, considero que estamos ben surtidos de servizos tanto aquí como no Milladoiro.

E o que peor leva?

Quizais o ruído que xera o tráfico, pero bueno, non é nada fóra do normal. Bertamiráns é unha zona moi tranquila; non teño ningunha pega.

16 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.