Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

Nova edición de InnovAmes este venres 16 no Milladoiro

A Maía. O Concello de Ames organiza unha nova edición de InnovAmes, a xornada de innovación para as empresas locais que terá lugar este venres, 16 de decembro, durante todo o día (empeza ás 10.00 horas) no pavillón polideportivo do Milladoiro e na que se contará coa presenza de grandes referentes da innovación que conviven no propio municipio. O obxectivo é poñer en valor os recursos e a capacidade de innovación local, fomentando a sinerxía e a colaboración entre as firmas e dando a coñecer ao público xeral o gran capital empresarial de Ames. Durante toda a xornada participará persoal de preto de 20 compañías amesás, pero tamén a rapazada dos centros de ensino maianos, persoal do centro coworking a Proa e representantes das tres universidades galegas. Para dispor de máis información sobre o InnovAmes pódese consultar a páxina web do evento, e inclúe premios para empresas e tamén galardóns de carácter educativo. M.M.

15 dic 2022 / 15:39
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.