Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Metropolitano

Mobilidade divulga as conexións para facilitar o enlace con Santiago a traballadores e estudantes

A conselleira de Infrastruturas e Mobilidade, Ethel Vázquez, divulga as melloras no Transporte Metropolitano para o ámbito da comarca de compostelá, destacando as conexións entre Ames e Teo coa capital galega.

Deste xeito, na liña rúa da Rosa-Bertamiráns-Gándara (XG80724), auméntase unha frecuencia de luns a venres entre Bertamiráns Santiago con chegada ás 6.55 h e posibilitando a conectividade cos buses que van ao polígono industrial, hostalería e outros medios de transporte. Tamén se aumenta a frecuencia da última hora do día durante a semana (ata as 23.30 h) en dirección A Gándara, dando posibilidade de traslado aos universitarios e traballadores nun horario moi demandado.

E ponse en marcha esta ruta na fin de semana e festivos cunha frecuencia de cada media hora os sábado (con inicio ás 8.00 h ata as 14.30 h e cada hora desde as 15.30 ata as 23.30 horas. Os domingos e festivos será cada hora desde as 9.00 ata as 22.00 horas.

No traxecto rúa da Rosa-Ameneiro-Casalonga-Firmistáns (XG80710), amplíase o horario do sábado de ida (dirección Firmistáns) ata as 23.30 horas. E na que une a Rosa coa urbe do Milladoiro (XG80710), increméntase unha frecuencia durante a semana en dirección Santiago ás 6.45 horas, posibilitando a conectividade cos autocares que van ao polígono e outros medios de transporte (tren e avión). Igualmente, amplíase o horario ata as 23.30 horas (dirección O Milladoiro).

Na de Novo Milladoiro- Bertamiráns (XG80714), aumentarase unha frecuencia ás 8.30 horas en dirección Polígono (volta) de luns a venres, co obxectivo de posibilitar o traslado ao traballo desde Bertamiráns a mencionada área industrial para os centos de persoas que traballan en Bertamiráns e evitar coller o vehículo persoal. Asemade, medra o número de expedicións para facilitar os traslados de ida e volta polo mediodía ós empregados do polígono, e súmase unha frecuencia ás 20.15 h dirección Bertamiráns (ida) entre a semana.

En canto aos sábados, refórzase amplamente esta liña (seis expedicións) para permitir o traslado desde Millladoiro e toda a zona periurbana a Bertamiráns e viceversa, posibilitando o traslado ata a feira local, con moita afluencia de vehículos.

Xa no que atinxe á liña Rotondas Viñas-rúa da Rosa (XG80719), beneficiase a conexión de Santiago con Novo Milladoiro a primeira e última hora do día, reducindo así o uso dos turismos.

Outra das novidades que prantexa a Xunta no Transporte Metropolitano consiste na adaptación do Noitebús, que pasa a incluir a O Milladoiro e Bertamiráns.

Non se esquecen tampouco de darlle pulos as frecuencias entre Ponte Ledesma e Santiago E.A. (XG86308), unha liña importante para o Concello de Boqueixón porque da cobertura á case totalidade das parroquias, e a unha porcentaxe moi elevada da poboación, e que serve de eixo vertebrador do transporte público para Boqueixón.

Queren, asemade, que entre en servizo un traxecto circular entre a rúa do Hórreo- Vilar de Calo- Luou e volta á rúa do Hórreo (XG80716) no Concello de Teo, ampliando as frecuencias noutras rutas que articulan a mobilidade intramunicipal e as comunicacións con Santiago de Compostela: Luou-Os Tilos-rúa do Hórreo-Vilar de Calo- Luou (XG80712), rúa do Hórreo- Luou-Galanas-Milladoirorúa do Hórreo (XG80715). E póñense en marcha dúas novas: a da Grela ata A Ramallosa (XG80720) e Pontevea-Padrón E.A. (XG80721), que facilitará as comunicacións transversais do sur do concello de Teo e do nordeste do Concello de Padrón co corredor que vai de A Estrada á capital de Galicia, e, mediante un transbordo cos servizos deste corredor, optimizan a comunicación con Santiago.

Outra das intervencións refírense aos horarios en varias liñas que articulan a comunicación de Vedra con Compostela (Ponte Ulla-Santiago E.A. (XG80745), rúa do Hórreo- Trobe 2 (XG80725) e rúa do Hórreo-Merín (XG80731), orientadas principalmente ·a mellorar a mobilidade dos estudantes e as comunicacións en fin de semana”, din en Mobilidade. Tamén se vai crear unha nova liña transversal Cruce de Sarandón a Pontevea e Cruce de Sarandón (XG80744), como saída para os núcleos de Vilachaíño, Trobe, Xián, Boxeiros, San Pedro de Sarandón, Cimadevila e San Miguel de Sarandón , e ás parroquias de Vilariño, Teo, sur de Oza e leste de Reis (Teo), cara ao corredor de Cacheiras, sen esquecer o aumento de cobertura integrando mediante liñas escolares.

Melloras na
coordinación
das viaxes de
Barbanza á
capital galega
28 sep 2020 / 00:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
Tema marcado como favorito