Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Novo Gadis entre a avenida da Maía e rúa do Pedregal

Bertamiráns. Comezaron as obras para construír un novo centro comercial de Gadis nunha céntrica parcela de Bertamiráns, a carón da escola Merlín. Deste xeito, unha empresa punteira no sector comercial como é Gadisa vai ampliar a oferta comercial xa existente.

O edificio, que terá acceso dende O Pedregal e dende a avenida da Maía, disporá de soto, planta baixa e primeira planta. Haberá un aparcamento exterior e outro no soto do edificio, sumando 113 prazas de estacionamento. A planta baixa contará cunha superficie de 1.588 metros cadrados que acollerán un supermercado cunha superficie de venda de 970 metros cadrados e un aforo total de 367 persoas. O citado proxecto ten un orzamento de execución material de 1.404.001 euros. O novo centro comercial construirase nunha parcela de 4.587,10 metros cadrados (a metade dun campo de fútbol) que está próxima á Praza de Chavián, en Bertamiráns. Está prevista unha construción de 3.416,38 m2. A parte frontal estará situada cara O Pedregal. Terá acceso tanto dende a rúa do Pedregal como da avenida da Maía. O alcalde do Concello de Ames, Blas García, explica que a iniciativa “permitirá a creación de novos postos de traballo e dinamizará o sector comercial de Bertamiráns”, mentres que o edil de Urbanismo felicítase por ter superado os “atrancos tecnicos”. M. Manteiga

27 feb 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.