Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

Nunha semana xa voaron a metade dos bonos reactiva

Ames. En menos dunha semana vendéronse 1.482 tarxetas-bono da campaña Merc@mes: 961 por importe de 100 euros e 521 de 50 euros. Esta é a segunda fase da campaña que se vai desenvolver entre o 15 de setembro e o 15 de novembro, e calquera persoa, residente ou non, no Concello de Ames, pode adquirilos.

Quedan, polo tanto, menos da metade, un total de 1.318 tarxetas-bono por vender, e deste total 479 son de 50 euros e 839 tarxetas son de 100 euros. A tarxeta-bono Reactiva Ames é unha tarxeta prepago a través da cal o Concello de Ames pon ao dispor das persoas beneficiarias unha axuda do 40 % do valor da mesma. O investimento municipal é de 92.000 euros en axudas directas á adquisición de bonos para incentivar as compras nos establecementos comerciais locais, cuns bonos que funcionan como unha tarxeta Visa prepago (con banda magnética, sen chip nin PIN) e valen para futuras promocións. M. O.

23 sep 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.