Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O alcalde amesán conectará coa mocidade a través das redes este luns con #FalaConBlas

Darase a coñecer a través de Twich e Facebook Live para analizar o seu traballo no Concello e na Deputación

A Maía. O alcalde de Ames participará, baixo o título #FalaConBlas, nun directo simultáneo a través das plataformas Twitch e Facebook Live este luns, 20 de decembro, ás 21.00 horas. Trátase dun proxecto piloto no cal se poderá coñecer un pouco máis a fondo ao rexedor.

No primeiro #FalaConBlas o mandatario aproveitará para facer un repaso dos meses que leva na alcaldía, revivir algunhas anécdotas, contar diferentes experiencias da súa labor como deputado provincial de Promoción Económica, así como experiencias e anécdotas persoais relacionadas co seu traballo político. Ademais, responderá a todas as preguntas que formulen as persoas que se conecten ao directo. Despois do directo aproveitarán o audio para crear un podcast e aloxalo nalgunhas das plataformas de podcast existentes na actualidade.

Esta iniciativa parte dun grupo de alumnos (Paula García, Paula Riveiro, Uxía Pérez, Francisco Pais e Gabriel González), que están cursando a materia de Tecnopolítica do máster de Tecnoloxías en Marketing e Comunicación Política, da Universidade de Santiago de Compostela. Blas García explica que “Ames é un concello que conta cunha poboación eminentemente moza co cal cando me propuxeron esta iniciativa pareceume boa idea porque é un xeito de conectar” cos novos. M.M.

19 dic 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.