Santiago
+15° C
Actualizado
viernes, 03 febrero 2023
01:00
h

O Banco de reciclaxe electrónica celebra o seu primeiro obradoiro

Vai ser este sábado 9 e trátase dun taller sobre reparación e reciclaxe de altofolantes

Ames. Minorar o lixo electrónico, aumentar a vida útil destes aparellos e reducir o seu consumo foron algúns dos obxectivos anunciados na presentación da Oficina de Voluntariado informático de software libre de Ames e do seu Banco de reciclaxe electrónica, celebrada a finais do pasado mes de maio.

Agora, e coa oficina xa en funcionamento, anúnciase neste senso a primeira actividade formativa do servizo, que continuará programando novos obradoiros ao longo deste segundo semestre de 2022. Deste xeito, este sábado 9 de xullo celébrase un taller de reparación e reciclaxe de altofalantes, que buscará que aprendamos a darlle unha nova vida a estes obxectos habitualmente presentes nos fogares, xa sexa por exemplo como parte dun equipo de música ou en pequeno formato, adaptado para usarse con móbiles ou tabletas.

A proposta desenvolverase de 10.30 a 13.00 horas, nas instalacións da oficina e do banco. Esta primeira iniciativa deste novo servizo busca loitar polos obxectivos marcados na súa creación, entre os que se atopan reducir a fenda dixital, aumentar a alfabetización dixital, dar a coñecer e facilitar o acceso ao software libre, ou reducir o lixo electrónico, fomentando así reciclaxe e aumentando polo tanto a vida útil dos nosos dispositivos. c.g.

09 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.