Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O campamento Amessán ‘activou’ aos maiores con 60 persoas por actividade

Ames. O campamento sénior Amessán, organizado pola concellaría de Promoción da Saúde e Benestar Social e enfocado ás persoas maiores de sesenta anos deste Concello, chegou a súa fin cunha media de 60 persoas participando nas diferentes propostas do campamento, que se desenvolveron en horario de mañá os martes e os xoves de xullo. As persoas participantes gozaron de actividades ao aire libre e unha serie de saídas a San Xusto, Noia, A Coruña e á praia fluvial da Praíña.

Foi o pasado xoves 28 de xullo cando remataba cunha última saída á citada praia fluvial, no paso do río Ulla por Pontevea, que serviu como día de clausura. Neste último día, a expedición do campamento visitou a Burga de Xermeade, gozou dun xantar colectivo e dunha andaina ata o Xirimbao.

En total realizáronse catro saídas ao longo dos xoves do mes de xullo, que complementaron ás actividades terapéuticas ao aire libre, que se realizaron os martes no Pazo da Peregrina e na contorna da piscina municipal do Milladoiro. Así, tamén gozaron de excursións, e o xoves 7 estiveron en San Xusto, onde percorreron a ruta da fervenza e visitaron o mosteiro. A segunda foi o xoves 14 a Noia, onde se visitou a casa do concello, a igrexa de Santa María Nova e o seu museo de lápidas, a igrexa de San Martiño, o Museo do Mar e, o xoves 21 viaxouse á Coruña, achegándose á Torre de Hércules ou a praia de Riazor. Ademais, o 27 visitaron O Fogar do meu burro. M.O.

02 ago 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.