Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O campo de fútbol de Vedra presume de ser eficiente e respectuoso coa natureza

Cambiáronse os proxectores por outros de tecnoloxía LED coa finalidade de diminuír o consumo eléctrico

Vedra. O campo de fútbol municipal de Vedra conta xa cunha nova iluminación con proxectores de tecnoloxía LED. Esta mellora na eficiencia enerxética de dita infraestrutura contou co apoio do Goberno galego ao abeiro da Orde de Infraestruturas de uso público. A inversión da Xunta foi de 25.000 euros o que implica, segundo indicaron fontes municipais, o 80% do presuposto. O 20% restante apórtao o Concello.

Así ambas administracións colaboraron na mellora do alumeado desta instalación deportiva mediante a substitución dos proxectores por outros de tecnoloxía LED máis eficientes “co obxectivo de diminuír o consumo eléctrico e as emisións de dióxido de carbono á atmosfera, ao mesmo tempo que se consegue un importante aforro económico para o municipio”, apuntaron dende o Goberno galego. A directora xeral de Administración Local, Natalia Prieto, achegouse onte ata o municipio para comprobar as actuacións. Durante a súa visita destacou a importancia da colaboración entre a Administración autonómica e a local, “xa que os concellos galegos levan a cabo actuacións que repercuten en melloras directas para o día a día dos cidadáns. Ademais, é a administración máis próxima á cidadanía e, polo tanto, a que mellor coñece as necesidades dos seus veciños”, indicou Natalia Prieto.

Vedra recibiu nos últimos anos máis de 445.700 € das liñas de axudas da Vicepresidencia Primeira, entre elas a Orde de Infraestruturas de uso público que permite pór en marcha ou ampliar e reformar instalacións destinadas á prestación de servizos municipais, así como a dotación do seu equipamento. Na convocatoria deste ano a Xunta mantén o orzamento de 4 millóns desta orde dirixida ás vilas galegas, despois de incrementar a contía en 2020 nun millón de euros respecto ao 2019. c.e.

30 jun 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.