Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello da Baña pídelle ao novo conselleiro de Sanidade que cubran as baixas e vacacións da pediatra

Dende o pasado 21 e ata o 6 de outubro a especialista está de vacacións e os menores teñen que ir fóra do municipio // No escrito tamén reclama que se modifique o actual horario do servizo de Matrona

A Baña. O alcalde da Baña, José Antonio Pereira, volveu enviarlle o pasado mércores unha carta ao novo conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e a xerente da área sanitaria de Santiago, reclamándolles que o Sergas cubra as vacacións e baixas da pediatra que atende no centro de saúde, e tamén pedido a modificación do horario da matrona.

Pereira Gil recórdalle ao novo conselleiro que o servizo de Pediatría só funciona dous días á semana no centro de saúde da Baña e que dende o pasado 21 e ata o 6 de outubro a pediatra está de vacacións, unha situación “que obriga a anular todas as citas programadas para revisións e vacinacións” da cativada, “poñendo en risco aos menores”

Igual que fixo o pasado mes de decembro, o alcalde vólvelle reclamar aos responsables do Sergas que cubran as baixas e as vacacións da pediatra no centro de saúde bañense para garantir unha mellor atención aos nenos e nenas do concello e evitar que se teñan que desprazar ata o Hospital Clínico de Santiago, a outros municipios ou a pediatras de pago.

HORARIO DA MATRONA. Nesta ocasión, o alcalde tamén lle reclama ao conselleiro e a xerente que modifiquen o horario da matrona, que está obrigando a afrontar unha serie de gastos que resultan “totalmente inasumibles para o Concello”.

Recentemente, o Sergas modificoulle o horario á matrona, que agora consulta tamén os sábados (aínda que reduciu as horas de atención os días de semana que acode ao centro de saúde da Baña). Isto provoca que “o Concello teña que asumir o sobrecusto do servizo de limpeza e calefacción tamén os sábados, a pesares de que os sábado non asisten usuario a este servizo. Situación que resulta totalmente inasumible para o Concello”, recorda Pereira Gil na carta remitida o pasado 23 de setembro a Consellería de Sanidade e á Xerencia da área sanitaria de Santiago

28 sep 2020 / 09:56
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.