Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O concello de Ames terá tres novas farmacias

Ames. A comezos do pasado ano, a Consellería de Sanidade puxo en concurso público 41 plazas para futuras boticas ao longo de toda Galicia, das cales tres delas son no concello amiense, sendo estas das máis codiciadas polos farmacéuticos. Das 41 asignacións das que se podía dispor, as situadas en Ames adxudicáronse nos postos catro, dez e doce. A número catro, pertencente a parroquía de Biduído, ubicarase no Milladoiro, de feito as obras para a súa apertura están a piques de concluir. Esta situarase na Avenida do Muíño Vello e completará deste xeito ás outras dúas xa existentes no municipio. No que respecta ás seleccionadas na parroquia de Ortoño, ubicaranse en Bertamiráns e aínda non se sabe nada de cando abrirán as súas portas ao público. Esta apertura é algo moi desexado polos residentes no concello, xa que con preto dos 35.000 habitantes, as farmacias estábanse a quedar escasas para tódolos residentes cos que conta a comarca amiense. pb

16 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.