Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O concello de Dodro aproba cambiar Carretera do Imo por Rúa Moncho Reboiras

O pasado xoves 9 de xuño o pleno do concello de Dodro aprobou por maioría o cambio de nome CARRETERA DE IMO por RÚA MONCHO REBOIRAS coa asistencia de numeroso público entre os que se atopaban familiares, amigos, políticos e, sobre todo, veciños de Dodro.

Seguindo o Regulamento especial de honras que desenvolveu o actual equipo de goberno o pasado ano, o concelleiro de Servizos Sociais e Benestar instrutor do expediente, resumiu a biografía do veciño da aldea de Imo.

O concello de Dodro aproba cambiar Carretera do Imo por Rúa Moncho Reboiras

O informe defendido no pleno sinalou, entre outros méritos, como a familia de Reboiras buscou mellores condicións de vida en Vigo. Alí Moncho estudou enxeñería industrial e comezou a tomar conciencia da “opresión nacional de Galiza co asoballamento do seu pobo, co baixo nivel de vida do agro, coa super explotación, co conflito lingüístico...”. Forma parte de incipientes movementos culturais, sindicais e políticos no ambiente nacionalista galego, xermes de sindicatos como a actual CIG e o BNG.

O militante da UPG é sitiado por 300 membros da BPS franquista e despois de salvar a Elvira Souto e Lois Ríos é asasinado en Ferrol polas costas.

O estado español, a instancias da familia e do deputado nacionalista galego Francisco Rodríguez, outórgalle da man do entón Ministro do Interior Francisco Caamaño a DECLARACIÓN DE REPARACIÓN E RECOÑECEMENTO PERSOAL como vítima do franquismo.

O equipo de goberno incidiu nos méritos do veciño de Imo sinalados na proposta. Así, o voceiro do PSOE Ramón Abuín sinalou a importancia como sindicalista. Tamén Xoán Xosé Vicente de Unidade Veciñal recoñeceu tamén a súa importancia para a cultura e política galega do veciño de Imo, fillo de José e Generosa.

O concello de Dodro aproba cambiar Carretera do Imo por Rúa Moncho Reboiras

Xoán Bautista Mariño agradeceu aos voceiros que apoiaron a iniciativa así como á familia e institucións herdeiras do legado nacionalista galego. Pechou o alcalde Xabier Castro replicándolle ao PP por non apoiar o cambio de nome de rúa. Díxolle que o pleno e a proposta en cuestión está lexitimada polos veciñanza de Dodro e lamentou que, en plena democracia, o PP utilice os mesmos argumentos que os utilizados polo franquismo para xustificar o seu non a esta decisión.

O resultado da votación foi 6 votos a favor e os 4 asistentes do PP en contra.

16 jun 2022 / 12:30
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.