Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Concello de Dodro, molesto por non estar ó tanto das obras no CPI

Aseguran que dende a Consellería non os invitaron á reunión sobre a rehabilitación

Dodro. O goberno do concello de Dodro quere manifestar “o seu malestar por non ser informado nin invitado á reunión que a Consellería mantivo coa dirección do centro, onde se informou da rehabilitación do CPI Eusebio Lorenzo Baleirón e dos posibles prazos de execución”.

E é que segundo indican fontes municipais mantiveron sempre “unha comunicación aberta e transparente dos pasos dados, tanto coa Asociación de nais e pais do alumnado (ANPA) coma coa dirección do centro, así como a máxima lealdade institucional coa Consellería de Educación e a súa Secretaría Xeral Técnica”. O goberno local explica que non fixeron público en ningún momento “a rehabilitación do centro á espera de que fora a propia Consellería a que o fixera, como mostra de lealdade institucional, a pesar de ter documentos que así o acreditaban”, sinalan dende o goberno local.

E é por iso que piden da Consellería de Educación “a mesma lealdade institucional que ten demostrado o Concello de Dodro. Ante estes feitos o Concello solicitou unha explicación do sucedido”.

Aseguran fontes municipais que o CPI Eusebio Lorenzo Baleirón será rehabilitado e con isto “a educación en Dodro dará un paso adiante na súa calidade educativa, liña marcada por este goberno municipal desde a súa chegada”, sentencian.

Agradecen á ANPA e ó centro a súa colaboración no traballo desenvolvido durante estes tres anos “que por fin dan os seus froitos”. C.E.

22 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.