Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O concello vaise iluminar de cor rosa polo Día do Cancro de Mama con Metástase

Ames. O Concello de Ames únese ás conmemoracións do Día Mundial do Cancro de Mama Metastático que se conmemora este xoves. Deste xeito, iluminarase de rosa a fachada da casa do concello, co obxectivo de sensibilizar sobre esta fase avanzada do cancro de mama, primeira causa de morte de mulleres entre 35 e 50 anos, co foco posto na investigación, a mellora da prevención e do diagnóstico, e a axilización da aprobación de novos fármacos innovadores. Tamén coñecido como cancro de mama avanzado ou en estadio IV, o cancro metastático de mama é a fase na que a enfermidade se estende a outras partes do corpo, habitualmente os ósos, o fígado, os pulmóns ou o cerebro. Nesta fase avanzada, a doenza non ten cura, cunha supervivencia media entre os catro e os cinco anos, e pola que falecen en España máis de 6.000 persoas. M. Outeiro

12 oct 2022 / 23:43
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.