Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Delas Fest lembrou en Firmistáns ás leiteiras

Ames. A cuarta edición do festival de arte urbana con perspectiva de xénero, o Delas Fest, vén de rematar as súas actividades no concello de Ames, que serve como unha das sedes do certame, xunto a Brión, Santiago e Teo. Neste senso, a artista uruguaia Cecilia Rodríguez Oddone, Ceciro, creou un mural na antiga escola unitaria de Firmistáns: A ruta das leiteiras.

A súa creación serve como homenaxe a un dos labores tradicionais das mulleres amesás, que era o traslado de leite e auga a pé con caldeiras na cabeza. Ademais, no palco da festa de Bugallido realizouse un obradoiro de iniciación á pintura con spray, que dirixiu o equipo de 7H Cooperativa Cultural, que é a entidade organizadora do proxecto Delas Fest.

O Delas Fest, unha das citas de referencia no circuíto galego de arte urbana, vén de celebrar a súa cuarta edición e de realizar unha serie de actividades no concello de Ames, un dos catro municipios da comarca de Santiago que comparten este festival, xunto con Brión, Santiago e Teo. O cartel de artistas desta edición volveu a estar integrado unicamente por mulleres que desenvolven o seu traballo artístico con perspectiva feminista, apostando un ano máis pola visibilización e a dignificación do seu traballo fronte á discriminación e estereotipos de xénero aínda existentes no sector.

Deste xeito, a capital maiá serviu como sede para unha parella de actividades, que se desenvolveron entre os días 9 e 14 de xuño. M. Manteiga

22 jun 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.