Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O espazo coworking de Ames abrirá as súas portas no mes de setembro

Este proxecto está a solucionar os últimos problemas que impiden levar a cabo a apertura // O centro permitirá que ata 36 persoas traballen ao unísono

Os emprendedores amienses xa son coñecedores da data aproximada na que o centro de coworking A proa abrirá as súas portas por primeira vez. Será en setembro cando dito espazo comece coa actividade preestablecida e dea cabida aos diferentes profesionais que se poderán valer das súas instalacións e funcións.

A principal finalidade desta área é ampliar os servizos de apoio a iniciativas emprendedoras, proxectos empresariais ou iniciativas de autoemprego, prestando especial atención ao sector audiovisual e tecnolóxico, xa que este campo incrementou dun xeito moi notable a súa presenza no Polígono Industrial do Novo Milladoiro. O local conta con espazo para que traballen simultáneamente 36 persoas con tódalas comodidas posibles: zonas de traballo individual e colectivo, conexión á rede, salas de descanso e espazos adicados a materiais multimedia.

Localización. A proa atópase no Milladoiro, concretamente na Rúa das Hedras número 4. Xusto na entrada ao parque empresarial do Novo Milladoiro, na planta baixa dos lofts. O baixo ten unha superfice de 400 metros cadrados, todos eles adicados a axudar ao desenvolvemento das pequenas empresas e de calquera persoa que reúna tódolos requisitos necesarios para poder ter cabida en dita área multitraballo.

Os requisitos necesarios para poder formar parte do centro A proa son os seguintes: ser freelancer ou unha perosa cun proxecto de emprendemento, ser empresario cun recente inicio da súa actividade ou ser un usuario puntual que se atopa de paso por Ames e necesita un área de traballo. Ademais non só se dá cabida aos mencionados anteriormente, senón que tamén se aceptan proxectos en fase de preincubación ou incubadora, é dicir, aqueles que se atopan nos seus primeros pasos e aínda non foron constituídos legalmente.

financiación. Esta iniciativa nace da man dun convenio asinado entre o concello de Ames e a Deputación provincial da Coruña, sendo deste modo que a administración provincial financiou algo máis do 35% dos custos do local, cunha achega de preto de 200.000 euros. Grazas a isto o municipio amiense puido dotar a A proa, nome que recibe o espazo pola súa similitude en deseño e forma a dun barco, dos mellores materiais ofimáticos e tecnolóxicos para que os usuarios poidan traballar do mellor modo posible.

captación. Malia que o espazo de coworking aínda non está aberto, e como paso previo, iniciouse unha campaña de captación de usuarios que estean interesados en dispor dun posto en dito lugar. Para iso, as persoas teñen que entrar na páxina web e deixar os seus datos, mostrando o seu interese en formar parte da comunidade de A Proa. Na cabeceira da web municipal hai un banner que dá acceso directo á web de dito organismo.

Ao mesmo tempo estase traballando no desenvolvemento dunha APP para poder xestionar e controlar o acceso ao coworking. Esta actuación forma parte da Estratexia de Desenvolvemento Urbano Sostible e Integrado (EDUSI), que ademais é cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), encaixando no marco do Programa Operativo Plurirrexional de España 2014-2020.

áreas de traballo. Os emprendedores ou empresas que queiran facer uso destas novas instalacións, deberán darse de alta no novo servizo e poderán realizar o seu traballo en tres áreas diferenciadas: unha incubadora con espazos libres e traballo individual nunha zona colectiva e con acceso á Internet e outros servizos; un espazo máis privado con reserva de posto e durante un período determinado no que se poderá realizar o traballo de xeito continuo. Hai un último espazo de despacho con mesa propia e armario incluído para os proxectos máis avanzados e xa constituídos.

O novo espazo exponse como a solución ideal para aqueles profesionais e autónomos, freelances ou microempresas que queren evitar o illamento e aforrar custos creando sinerxías, fomentando a economía social e colaborativa, o espírito de comunidade e facilitando a conciliación laboral e familiar. O proxecto A proa preséntase deste modo como unha axuda para todos aqueles novos empresarios do concello.

07 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.