Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O GDR opta aos Fondos Leader e incorpora dous membros na dirección

Elsa Grille e Ignacio Rodríguez son as dúas novas incorporacións, coas que pasan a 21

Área. A Asociación de Desenvolvemento Rural Terras de Compostela, presidida por M. Guarina Rey Vázquez (concelleira de Brión), en colaboración co resto dos concellos que conforman o seu ámbito de actuación (A Baña, Ames, Boqueixón, Brión, Negreira, Santa Comba, Santiago, Teo,

Val do Dubra e Vedra) tomaron o acordo, en asemblea xeral celebrada o 6 de xullo de 2022, de preparar a candidatura para renovar como GDR colaborador de Agader e elaborar a Estratexia de Desenvolvemento Local para o novo período 2023-2027.

Desta maneira, continuará habendo fondos para axudas a emprendedores, empresarios que queiran ampliar ou modernizar as súas empresas, para asociacións, concellos, etc. Terras de Compostela, da que son socios tanto as administracións locais, como distintas entidades privadas dos 10 Concellos que conforman o territorio de actuación desta asociación, vai comezar a celebrar unha serie de reunións abertas para definir a estratexia que, en materia de desenvolvemento rural, se vai a seguir nos vindeiros anos nas comarcas santiaguesa e da Barcala e no Concello de Santa Comba da comarca do Xallas.

Nesas reunións que se programarán, e se celebrarán nos vindeiros meses, os representantes de distintas asociacións, empresas, cooperativas e demais entidades implicadas no desenvolvemento rural, exporán as necesidades reais e cales deberían ser as prioridades para o territorio nos vindeiros anos. Dende a asociación, animan á cidadanía a participar activamente nas mesmas.

Terras de Compostela xa foi beneficiaria do Programa Leader no período 2007-2013, no que se desenvolveron no territorio de actuación máis de 62 proxectos, cunha achega de fondos públicos de máis de 3.800.000 € e un investimento total de máis de 12.200.000 €. Tamén o foi do Programa Leader no período 2014-2020. Na asemblea xeral modificáronse os estatutos sociais para poder adaptalos aos requisitos esixidos nas bases reguladoras e aproveitouse para incorporar, na xunta directiva a dous novos membros:  Elsa Grille (representando a entidade PEFC Galicia) e a Ignacio Rodríguez (representando a COGAMI). Así os membros da directiva pasan a 21. C.G.

11 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
GDR
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.