Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O grupo Píscore levará a comedia musical até o Festival Seráns de Tapia

Ames. A concellaría de Cultura coordinada coas Bibliotecas Municipais, e en colaboración coa concellaría de Mocidade e Normalización Lingüística achega até Ames o concerto de Píscore, unha comedia musical. Este espectáculo gañou o Premio do Público no Festiclown 2017 e 2019 e o Premio Domingos do Principal de Pontevedra. Píscore naceu na primaveira do 2016 e homenaxea co seu nome á famosa Esther Píscore, trasunto da musa da danza, Terpsícore, nun coñecido gag de Les Luthiers. O espectáculo ten a premisa de facer rir ao público desde o virtuosismo musical, a elegancia e unha estética moi achegada á comedia xestual máis clásica. Trátase dun espectáculo de música e humor dirixido a un público familiar. Deste xeito a Praia Fluvial de Tapia continúa a acoller tódolos xoves espectáculos de teatro, literatura, concertos e monólogos. Con esto o Concello de Ames segue dando pé á súa iniciativa de achegar as actividades culturais a tódolos cidadáns, á vez que se aproveita para pór en valor os espazos naturais cos que conta, neste caso a Praia Fluvial de Tapia. Esto prolongarase ao longo dos meses de xullo e agosto tódolos xoves. As actividades son todas de balde e para asistir non é necesario incrición previa. pedro brea

15 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.