Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Instituto de Ames arrasa polo seu pulo a Xela Arias

a maía. O Instituto Plurilingüe de Ames e o colexio, CEIP, de Porto Cabeiro de Redondela, gañaron o Concurso-Exposición Letras Galegas 2021 convocado pola Xunta para pór en valor e dar a coñecer a autora a quen a Real Academia Galega (RAG) lle dedica este 17 de maio, que é Xela Arias.

A iniciativa busca ofrecerlle aos centros educativos de Galicia materiais de calidade (xogos de carteis e unidades didácticas) para traballar desde as aulas a figura homenaxeada en todos os niveis educativos desde infantil ata bacharelato ou FP.

E foi na categoría B, correspondente ao resto dos centros e niveis educativos de ESO, Bacharelato, FP e Educación Especial), onde triunfou o centro maián co traballo Abecedáriome, a través do que conseguiu plasmar a vida, a obra e a época de Xela Arias mediante un harmonioso conxunto de carteis que destacan pola súa modernidade e pola acertada selección da información, ademais da súa unidade, perfección técnica e calidade lingüística.

Os dous centros gañadores recibirán cadanseu premio en metálico de 2.000 €, mentres que o profesorado implicado no deseño e posta en marcha das mostras obterá unha certificación de premio de innovación educativa equivalente a 20 horas de formación (30 para o coordinador).O Portal da Lingua Galega reproducirá estes carteis. m. manteiga

15 abr 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.