Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h
A venda exclusiva de libros, unha ubicación estratéxica e un amplo número de volumes dan prestixio ao negocio que dirixe Óscar Porral e Irial Bernal // Él describe o lugar e como está sendo a venta tras a pandemia

O libro como único protagonista da librería Lenda

A librería Lenda, en Bertamiráns abriu as súas portas en setembro de 1016. Os propietarios, Óscar Porral e Iria Bernal, xa levaban tempo coa idea de abrir unha librería porque ambos tiñan a lectura como afección e consideraban que Bertamiráns era o “sitio ideal” ao estar en pleno crecemento, ademais de que respondía a unha necesidade que había nesa zona. Óscar e Iria son de Santiago como a maioría das persoas que viven actualmente en Bertamiráns.

“A esta profesión só podes chegar dende unha pasión polos libros. Doutra forma sería un traballo bastante ingrato de levar a cabo”, di Óscar.

A librería Lenda é un tanto singular xa que venden exclusivamente libros. Desde que abriron no 2006 ata a actualide ese foi o seu perfil de negocio. Non é o máis habitual porque é o que solemos atoparnos é con establecementos de libros que se compenetran con outro tipo de artículos. “ A nosa aposta sempre foi que o libro fose o protagonista e coa perspectiva do tempo consideramos que foi acertado”, relata él.

Contan cunha selección singular. Non só apostan polas novidades editoriais, senón que procuran manter un fondo histórico. Así, a libraría está dividida en dúas partes: unha sección de infantil-xuvenil que coordina Iria, e logo unha selección de literatura de adultos que é a que lle corresponde a Óscar. Ahí teñen unha escolma de temas moi ampla con excepción de contidos técnicos (informática, medicina, dereito, etc) que traballan fundamentalmente por encargo. “O que tamén nos singulariza é que como somos unha librería pequena ou media, non temos unha gran presión editorial para facer a selección dos libros que temos. Desta maneira, todos os fondos que vamos adquirindo seleccionámolos nós”, explica o propietario. Permanentemente manexan entre 10.000 e 12.000 volumes e poden chegar case de maneira inmediata ata medio millón de referencias vivas. Unhas cifras que sorprenden.

Para Óscar, o que fai da librería algo especial non é tanto o establecemento como o contorno no que se ubica. “Estamos na praza central do pobo, praza da Maía, que é un pouco onde xira máis a vida social. Ademais, Bertamiráns está composta por moita xente vinculada ao mundo da cultura, da escrita e da universidade. Por todo isto, é un lugar bastante adecuado para que exista unha librería cun perfil literario”, manifesta.

No referente ás persoas que pousan as súas mans nas estanterías, unha porcentaxe moi ampla é xente que acode con moita asiduidade: diariamente ou cada poucos días. “Tamén é verdade que Bertamiráns se atopa no paso cara Santiago dende varios destinos. Entón cada vez é máis habitual que nos visite xente de Padrón, Negreira, A Baña, Rois...”, afirma.

O PAPEL FRONTE AO LIBRO ELECTRÓNICO. Óscar recorda que cando abriron a librería no 2006, xa se anunciaba a chegada do libro electrónico, o que sería a morte do libro en papel. A realidade non é así. O que se comproba é que ambos formatos poden convivir. “O libro en papel segue sendo un produto que ten moita penetración no mercado e que goza de boa saúde”, destaca. Moita xente utiliza ambos soportes en función das súas necesidades. “O electrónico pode ser para uso en transportes ou en lugares onde resulta máis cómodo e o papel para outras circunstancias. Ou mesmo o ebook para unha actividade profesional como contidos de dereito ou informática, e o papel para outro tipo de consumo”, conta. Non obstante, “as cifras son as que son”, e non parecen indicar que o libro en papel estea en risco de desaparición.

O “LADO ESCURO” DO LIBREIRO. Está claro que a librería ten un lado pernicioso para quen lles gustan os libros, ao proporcionarche acceso a un fondo editorial moi amplo. Óscar considera que é probable que un libreiro lea moito menos do que debería xa que a súa actividade é moi esixente. “Hai moitas caixas que desembalar, moito papeleo que cubrir...”,di. Para Óscar, “a paradoxa do libreiro é que ten acceso a moitos libros pero á vez menos tempo para leer en comparación cos seus clientes”, menciona. Aínda así, recoñece que lee moito.

MESES DE PANDEMIA. O tempo que durou o confinamento foron meses de moita inquietude. O peche tan inmediato supuxo moita intranquilidade para os propietarios xa que non sabían se ían poder retomar a actividade e saír adiante. “No noso caso abrimos no momento xusto, a principios de maio. Non estabamos preparados para xestionar ventas remotas porque ata ese momento non tiñamos páxina web”, aclara Óscar. A volta ao traballo foi e está sendo positiva. “A xente está vindo á librería. Temos a impresión de que moitos de nós interiorizamos que é precisa unha volta ao pequeno comercio, xa que considero que a todos nos produciu tristeza ver os nosos pobos vacíos e os establecementos pechados. Ademais a xente ten ganas de leer”, conclúe.

15 sep 2020 / 00:01
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.