Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Macías o Namorado inicia un curso de automatización dirixido a parados

Padrón. O IES Macías o Namorado de Padrón inaugurou este mércores o plan de formación Montaxe e mantemento de sistemas de automatización industrial, dirixido a desempregados/as do Sar. O curso o imparte profesorado do centro, e persigue, entre outros obxectivos, mellorar as competencias do alumnado nos procesos de regulación e control en instalacións industriais; concienciar na importancia de cumprir os plan de prevención de riscos laborais e medioambientais; contribuír ao sector industrial da comarca mediante a mellora das competencias profesionais e a inserción laboral de persoas desempregadas; fomentar a formación continua, e crear sinerxías entre a comunidade educativa e o tecido empresarial.

O curso está financiado no marco do programa de accións formativas dirixidas a persoas desempregadas, promovido pola Consellería de Emprego, e os ministerios de Educación e Traballo. s. e.

01 abr 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.