Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O mercadillo de Padrón abrirá co 90 % dos postos

Padrón. O Concello de Padrón acordou reabrir o mercado ao 90 % da súa capacidade a partir deste domingo 17 de outubro. Iso si, o concelleiro de Mercados, Javier Guillán Iglesias, lembra que “os case 500 postos que participarán no mercado dominical deberán seguir cumprindo coas medidas de seguridade e hixiénico-sanitarias establecidas polas autoridades”.

O Concello tomou esta decisión despois de que a Xunta de Galicia permitira a pasada semana a apertura dos mercados co 90% dos postos. O mercado de Padrón mantíñase ata o momento no 60 % da súa capacidade debido ás dimensións desta feira, que reunía a unha media de 550 postos antes da pandemia, e para ser coidadosos coas distancias entre postos de venda.

“Tras a autorización da Xunta e analizar a situación o pasado domingo, decidimos ampliar ata o 90%, se ben seguimos facendo un chamamento á prudencia por parte de vendedores e clientes”, sinala Guillán. sol elvira

15 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.