Santiago
+15° C
Actualizado
martes, 23 abril 2024
16:11
h

O Milladoiro súmase ás zonas con restricións polo covid-19

As medidas entran en vigor esta medianoite e revisaranse no prazo dunha semana

EFE. A Consellería de Sanidade acordou incluír algunhas zonas do Milladoiro (Ames) no conxunto de localidades con medidas de restricción.

Entre as medidas destaca a limitación dos aforos ao 50% nos establecementos comerciais, de restauración e hostalería, onde ademais estará prohibido o consumo en barra; a limitación a dez do número máximo de persoas en reunións privadas e na vía pública, e a reducción de asistentes a celebracións, tanatorios e lugares de culto.

Os ámbitos afectados en Milladoiro son ambos lados da avenida Rosalía de Castro e a rúa Anxeríz, nas interseccións coas rúas Raxoeira, Pardiñeiros e Figueira.

Todas estas medidas publicaranse hoxe no Diario Oficial de Galicia, entrarán en vigor esta medianoite e volverán a revisarse no prazo dunha semana.

23 sep 2020 / 18:49
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.