Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Millarock terá a Bala como cabeza de cartel

Ames. O rock galego dáse cita este venres 30 de xullo no Milladoiro da man da décima edición do Millarock. Nesta ocasión, subiranse ao escenario os grupos Desequilibrio Mental, Terbutalina e Bala. Os concertos comezarán ás nove da noite na rúa Travesía do Porto. O grupo compostelán Desequilibrio Mental formouse no ano 2002 co afán de acercar o rock e o metal ao público mediante a lingua galega. Desequilibrio Mental ten ás súas costas un gran número de concertos e de festivais e alá onde vai sorprende co seu potente directo. Terbutalina somérxese no garaxe punk dende o ano 2010. O quinteto destaca polas súas letras cheas de humor, retranca, irreverencia e textos politicamente incorrectos. Os de Muros chegan ao Milladoiro coa promesa de converter o seu directo nunha auténtica festa onde gozar e pasalo ben. Por último, o grupo composto por mulleres, Bala, presentará o seu novo albume Maleza. O dúo formado por Ánxela Baltar e Violeta Mosquera, en 2014, converteuse en toda unha sensación no mundo do punk rock. Agitar, un dos seus singles máis famosos, é un habitual das listas dos 40 Principales e Europa FM. Así pois as bandas consolidadas, o rock en galego mailas voces femininas son os ingredientes deste décimo Millarock para o que as entradas se atopan esgotadas dende case o primeiro día de anuncialas. pedro brea

30 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.