Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O Pazo da Peregrina de Bertamiráns celebra o venres o Día de Galicia

No acto entregarase
a medalla do Concello amesán á catedrática María Victoria Otero

Ames. Un ano máis o Concello de Ames celebrará un acto institucional co gallo do Día Nacional de Galicia. Neste caso, como soe ser habitual, escolleuse o Pazo da Peregrina, en Bertamiráns, para organizar este acto que reúne a autoridades municipais, membros de asociacións e veciños de Ames. Dito acto terá lugar este venres, 29 de xullo, ás 20.30 horas.

Será un evento sinxelo e aberto a toda a veciñanza da vila no que participarán os grupos políticos que forman parte da corporación municipal. Dende o goberno e dende os partidos da oposición animan a asistir a este evento municipal. Durante o transcurso de dito acto homenaxearase á matemática galega, María Victoria Otero Espinar, que recibirá a medalla do Concello, ao igual que o fixeron en edicións anteriores Ángel Carracedo, Filomena Fraga, Maximino Viaño e Ramón Lorenzo.

A catedrática de Análise Matemático na Universidade de Santiago de Compostela estará acompañada por familia e amizades. Deste xeito, o irmán da homenaxeada, Pedro Antonio Otero Espinar, intervirá en representación da familia de María Victoria. A música do acto do Día de Galicia chegará dan man do grupo As Lens. Durante a iniciativa intervirán cada un dos voceiros e voceiras dos grupos políticos municipais. c.e.

29 jul 2022 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.