Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O pleno de A Baña pide un desenvolvemento das eólicas sustentable

Aproban a declaración e gardan un minuto de silencio polo conselleiro Valeriano Martínez

A Baña. O pleno da Corporación da Baña aprobou por unanimidade unha declaración institucional a prol dun desenvolvemento sustentable e xusto da enerxía eólica nos territorio rurais. A proposta do alcalde, a sesión ordinaria correspondente ao mes de setembro comezou con todos os concelleiros e concelleiras gardando un minuto de silencio polo pasamento do conselleiro de Facenda, Valeriano Martínez, que faleceu o xoves pola mañá dun infarto cando estaba no seu despacho.

Na declaración aprobada por unanimidade se pide que se proceda a modificar o actual marco normativo referido ao sector eólico en Galicia, para que atenda aos intereses da poboación do rural. “A enerxia eólica debe ser e pode ser fomentada sen atentar contra os intereses ambientais e socioeconómicos da contorna onde se produce, só desa maneira pode pasar de ser unha ameaza a ser unha oportunidade para o noso rural”, indican.

En consecuencia, reclaman que se proceda a “paralizar” os actuais proxectos ata que dende as instancias pertinentes, en particular no Parlamento de Galicia, “non se aprobe un marco normativo máis xusto e sustentable para os territorios rurais, e se conte cunha ampliación de Rede Natura, unha avaliación ambiental estratéxica e sexa publicado no DOG cousa que non ocurre co plan actual”

Tamén por unanimidade, da Corporación aprobouse a moción presentada polo PP solicitando ao Goberno central que retire ao lobo do catálogo de especies protexidas e que habilite axudas aos gandeiros polos danos que causen estes animais.

A pregunta formulada polo PP sobre as xestión realizadas tras o peche da oficina de Abanca, o alcalde informou que na reunión mantida con representantes da entidade financeira estes ratificaron que a decisión é firme, e que o Concello están mantendo reunións con outros bancos. As máis avanzadas son co Banco Santander, para que amplíe os días de atención presencial da oficina que ten na Baña. Actualmente abre os martes de 9.00 a 11.00 horas.

Finalmente, dende o grupo Compromiso por Galicia solicitaron coñecer o número de persoas matriculadas en cada unha das escolas deportivas que ten en marcha o Concello bañés. M. Rendueles

09 oct 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.