Santiago
+15° C
Actualizado
lunes, 20 septiembre 2021
02:00
h

O PP de Teo pide arranxar viais en Lucí

Visitaron ambas zonas para así recoller as demandas veciñais // Cren urxente que se actúe

O Partido Popular de Teo vén de denunciar “o precario estado” que presentan varias vías de titularidade municipal nas localidades de Paredes, en Lucí, así como en Procelas e Noenlles, na localidade de Cacheiras.

O voceiro municipal dos populares teenses, José Manuel Guerra, e varios concelleiros do seu grupo, visitaron nas últimas semanas ambas zonas, respondendo á chamada da veciñanza, para recoller in situ as súas demandas.

En Paredes, no leste do Concello, os edís populares comprobaron co s veciños “o lamentable estado dunha das pistas municipais, que cualifican como ruinoso”. É por iso que Guerra insta ao Concello a que acometa “de xeito inmediato o seu asfaltado e a que solucione ademais os gravísimos problemas de drenaxe que presenta outra das vías no mesmo lugar”, segundo explican dende a formación.

Polo que se refire a Procelas e Noenlles, en Cacheiras - localidades que tamén visitaron os populares-, os veciños e veciñas “levan meses denunciando o mal estado do firme de asfalto nas pistas e o mantemento duns postes que o Concello se comprometera a retirar na última intervención, hai agora máis dun ano”, informa o PP.

Piden ademais que o Goberno local, cuxa “inacción” censura Guerra, intermedie para que Fenosa repoña canto antes un poste rachado, que, aseguran, “deixou aos veciños sen alumeado durante tres semanas”.

Por outra banda, os populares de Teo lembran que continúa a campaña de recollida de sinaturas que iniciaron recentemente para pedir que se corrixan as graves deficiencias que tamén presenta a estrada DP-8201, vía que vertebra o sur do Concello e que o comunica co de Vedra e que é competencia da Deputación Provincial da Coruña.

Dende o partido concretan que se trata “dunha demanda xa histórica e reiterada” dos veciños e veciñas, que durante máis de cinco anos “non obtivo resposta algunha por parte das administracións local e provincial”. Guerra lembra asemade que esa estrada da servizo a máis de 2.000 veciños das parroquias de Teo, Oza, Vilariño, Santa María de Teo, Bamonde e Lucí.

Ante as denuncias, o Concello apunta que o esforzo que se está a facer “nas reurbanizacións integrais de núcleos rurais fai que as actuacións en pistas interiores se realicen en función desta planificación de xeito que a unhas zonas se está chegando antes que a outras. Mentras téntanse atender cuestións puntuais. Neste caso tomamos nota para revisar a situación”, sinalan.

14 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Teo
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.