Santiago
+15° C
Actualizado
sábado, 10 febrero 2024
18:07
h

O programa Trouleando achega o barranquismo aos rapaces amienses

AMES. A concellaría de Mocidade ten programada para o martes, 27 de xullo, unha nova actividade do programa Trouleando, que está dirixida a mozos e mozas de Ames que teñan a partir de 12 anos. Neste caso, organizouse unha xornada de barranquismo en Santa Baia, Outes. O descenso de cañóns ou barranquismo consiste en descender a pé pola canle alta dun río. Para isto deberase ir superando diferentes obstáculos escalando, rapelando, saltando pozas, baixando por tobogáns naturais, nadando ou camiñando. Todo isto conleva a posta en xogo de habilidades, fortes emocións e superación, rodeados da beleza da paisaxe da zona, a frondosidade do bosque da ribeira do río e as súas pozas naturais. Os mozos e mozas que participen sairán en autobús dende a Casa da Cultura de Milladoiro ás 9.30 horas, e do Pazo da Peregrina de Bertamiráns ás 9.45 horas. O regreso efectuarase nas mesmas paradas, chegando a Bertamiráns arredor das 15.15 horas e ao Milladoiro ás 15.30 horas aproximadamente. Os rapaces contarán con tódolos materiais necesarios, só terán que levar bañador, toalla, mascarilla, calzado de deporte e roupa de muda. Para incribirse será necesario cubrir un formulario e envialo a omix@concellodeames.gal. Pedro Brea

14 jul 2021 / 01:00
  • Ver comentarios
Noticia marcada para leer más tarde en Tu Correo Gallego
TEMAS
Tema marcado como favorito
Selecciona los que más te interesen y verás todas las noticias relacionadas con ellos en Mi Correo Gallego.